Malia terse en conta en maior medida a dispersión xeográfica e o avellentamento, non se atendeu a petición sobre a poboación emigrante.
Nun comunicado enviado aos medios na tarde do domingo, a Xunta confirmaba a recepción formal da proposta do goberno español sobre o novo modelo de financiamento autonómico.
De xeito moi breve, o Goberno apuntaba que canda o documento chegaba tamén a convocatoria de xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira a celebrar o próximo mércores 15 de xullo. A maiores, expoñían desde o equipo do presidente Alberto Núñez Feijoo que "a proposta recibida esta tarde polo Goberno da Xunta non inclúe ningunha cifra". "O Goberno galego estudará e examinará o contido do documento antes de facer ningunha valoración pública", engadían.