Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Trust in Lust' (Confíe na Luxuria)

"Unha caixa de aspirinas e unhas bólas chinesas, por favor"

As farmacias suecas, que xestiona o Estado a través da compañía Apoteket, comezan a vender obxectos para o pracer sexual.

Redacción - 18:10 13/07/2009
'Trust in lust' é a marca dos produtos

'Trust in lust' é a marca dos produtos

A compañía estatal Apoteket (farmacia, en sueco), que xestiona a venda farmacéutica en toda Suecia, puxo á venda nestes estabelecementos unha nova liña de produtos, que inclúe penes de plástico, bólas chinesas e vibradores clitorianos, entre outros obxectos para o pracer sexual.

Os elementos poden ser adquiridos individualmente ou nun kit completo que inclúe tamén aneis vibradores, tres tipos de lubricantes e unha crema especial para limpar os aparellos. O prezo do conxunto, comercializado baixo a marca Trust in Lust (Confíe na Luxuria), é duns 235 euros.

A nova liña de produtos presentouse a finais de xuño, e xa chegou a un cento farmacias do país. Previamente, os funcionarios fixeron un curso especial para poder asesorar os clientes, que poden ser de calquera idade.

Apoteket di que non incentivan o sexo entre os menores xa que os prezos son elevados para estes, e defenden a iniciativa argumentando que é importante para o mantemento da saúde sexual da poboación.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: