Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Protestaba a pé das obras do Salgueirón

Detido un dos voceiros de Cangas non se Vende

A Garda Civil acudiu este luns ao lugar onde se proxecta o porto deportivo e detivo un dos veciños que acoden periodicamente a protestar pola obra.

Redacción / Europa Press - 13:45 13/07/2009

Efectivos da Garda Civil detiveron este luns un dos veciños que acoden cada día ás obras do porto deportivo que se está a construír á beira da antiga fábrica de Massó, na localidade pontevedresa de Cangas, e a quen se lle imputa un suposto delito de coaccións, segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado.

Pola súa parte, o concelleiro de Urbanismo de Cangas, Mariano Abalo, que estaba presente cando se produciu o arresto, explicou que os feitos aconteceron na zona onde actualmente se están a desenvolver os traballos, nas inmediacións do edificio principal da antiga factoría, concretamente na zona onde se atopa a cheminea.

Sobre as 8 horas, chegaron os obreiros e, ao redor dunha hora máis tarde, presentouse a Garda Civil, que levou detido a un dos catro veciños que permanecían na zona das obras, como realizan cada mañá, para manifestar o seu rexeitamento á actuación.

O detido é Tiago Pérez, membro e voceiro do Foro Social de Cangas --colectivo contrario á construción do porto deportivo e que demanda a paralización das obras ao considerar que se trata dunha actuación "ilegal"--, quen xa foi arrestado nunha ocasión anterior, xunto con outras persoas, cando intentaba impedir o desenvolvemento das obras neste recinto. Nestes momentos, permanece nas dependencias da Garda Civil en Cangas.

Abalo estimou que a actuación deste luns se debe a unha "evidente sincronización total" entre a empresa e as forzas de seguridade, posto que, segundo engadiu, os axentes "viñan con orde clara de que se traballase custe o que custe" na zona de obras. Así mesmo, o edil avanzou que se vai presentar unha denuncia porque as obras "están a poñer en perigo o tránsito e edificios da zona", denunciou.


4,2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: