Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A VOLTA AO COLE, MÁIS CARA"

O PSdeG denuncia que só o 22% das familias terán gratis os libros de texto

Guillermo Meijón afirma, así mesmo, que co novo modelo do PP as familias terán que pagar un 25% máis polos materiais.

Redacción - 16:30 13/07/2009

O deputado autonómico e portavoz en Educación do PSdeG no Parlamento, Guillermo Meijón, denunciou que os libros de texto serán un 25 por certo máis caros co modelo do PP, do que só se poderán beneficiar o 22 por cento das familias galegas. "Non permitiremos que se dean máis pasos atrás nun dereito básico e fundamental como é a educación", comentou Meijón, que amosou a súa "preocupación" polas decisións tomadas polo novo goberno. Unhas decisións que, segundo o PSdeG, afectan a temas tan "importantes" como a redución do número de profesores ou a agrupación de alumnos de distintos cursos.

Ademais, Guillermo Meijón alertou aos pais que a 'volta ao cole' deste ano será "a máis cara de España", cando co Goberno do bipartito "era unha das máis baratas". Un feito que, segundo o PSdeG, vén provocado pola intención do PP de "copiar o modelo de Esperanza Aguirre en Madrid", onde Meijón sinalou que, a aposta polo privado, "está á orde do día". Por todo iso, os socialistas anunciaron que levarán a cabo unha campaña de movilización da cidadanía e de recolleita de firmas para deter os que cualificaron de "un intento de terminar cun dereito fundamental" por parte do PP.

Cabe destacar que a medida anunciada por Feijoo limítase a unha axuda de 180 euros para un 22% de familias galegas, que en moitos casos nin sequera cubrirá o custo total dos libros, mentres que o modelo do bipartito garantía a gratuidade total para o cen por cen de familias con nenos en idade escolar.Hai uns días, o secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, denunciou que "Feijoo vende un modelo no que os beneficiarios das axudas serán os que menos recursos teñen, pero é outra falacia, xa que o 78% das familias que terán que pagar os libros non son ricos", engadindo que "por exemplo, unha parella con dous salarios de mil euros tería que pagar os libros dos fillos, por non ter dereito a estas axudas".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: