Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia ante a ONU

O Polisario denuncia prospeccións ilegais de petroleiras no Sáhara

"Constitúen unha explotación de recursos que pertencen ao pobo saharauí e complican a solución do conflito", din.

Redacción - 13:00 10/07/2009
O pobo saharauí reclama os seus recursos

O pobo saharauí reclama os seus recursos

O representante da Fronte Polisario ante a ONU, Bujari Ahmed, denunciou ante o Consello de Seguridade de Nacións Unidas as licenzas outorgadas polo Goberno de Marrocos a varias empresas petroleiras estranxeiras no Sáhara Occidental, por considerar que "constitúen unha explotación ilegal de recursos que pertencen ao pobo saharauí e complican a solución do conflito".

"Polo seu interese en conducir esta longa disputa a unha solución pacífica, o Consello de Seguridade debería instar a que se deteña este saqueo ilegal de recursos naturais propiedade do pobo do Sáhara Occidental", afirma Ahmed nunha carta remitida esta semana ao presidente de quenda do órgano, o embaixador de Uganda, Ruhakana Rugunda.

"Marrocos carece de argumentos legais para xustificar a concesión de permisos de prospección e estudo dun territorio que ocupa dende 1975 e sobre o que a comunidade internacional non lle recoñece a soberanía", engadiu o diplomático saharauí.

Bujari recordou que a Asemblea Xeral da ONU subliñou en varias resolucións o dereito exclusivo do pobo saharauí de gozar dos recursos naturais do territorio, así como a opinión legal de 2002 do departamento de Asuntos Legais de Nacións Unidas onde se declara "unha violación do Dereito Internacional" a exploración e explotación de recursos naturais no Sáhara Occidental en contra da "vontade e benestar" do pobo do territorio.

Zona económica exclusiva

"As accións de Marrocos no Sahara Occidental e as das entidades estranxeiras cómplices socavan gravemente o proceso político en marcha para atopar unha solución política xusta, duradeira e mutuamente aceptábel", agregou Bujari.

A República Árabe Saharauí Democrática (RASD) anunciou o pasado mes de xaneiro a creación unha zona económica exclusiva (ZEE) en virtude "do dereito inalienábel do pobo saharauí á autodeterminación e a dispor dos seus recursos naturais".


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: