Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na cidade de Durango

Membros da ETA atentan contra unha sede do PSE en Biscaia

Un artefacto explosivo estalou cara a media noite, causando danos materiais. Fontes policiais sinalan que o paquete foi colocado por un encarrapuchado.

Redacción - 08:00 10/07/2009

O artefacto explosivo que estalou cara a media noite deste xoves na sede do Partido Socialista de Euskadi (PSE) da localidade biscaíña de Durango non deixou vítimas, aínda que si causou graves danos materiais, segundo informou o departamento vasco de Interior.

O paquete-bomba foi localizado cara ás 23h00. Segundo fontes policiais, que apuntaron que o atentado foi obra de membros de ETA, o artefacto explosivo foi depositado por un encapuchado que abandonou o lugar a correr.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: