O turismo rural ten mellores previsións, aínda así, agárdase que baixe un 10% a ocupación.
A secretaria xeral de Turismo, Carme Pardo, mostrouse confiada de que as reservas hoteleiras non sufran unha gran caída. Aínda que confesou que hai un mes as expectativas eran moi malas agora sinala que hai algúns datos para o optimismo, un deles é que a Xunta agarda que o descenso de reservas non chegue ao 20%. Mellores expectativas hai para as reservas nas casas de turismo rural. Dende a Xunta agardan que a caída non sexa superior a dez puntos.
Pardo considera que a distinción da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade pode servir como “reforzo” para atraer visitas. “Galiza ten o privilexio de contar con catro monumentos catalogados como patrimonio”, lembrou.