Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sinistraliedade laboral

Accidentes mortais nas obras do TAV en Arcade e dun edificio en Monforte

O primeiro finou ao ser arrolado por un camión no Concello de Soutomaior e o segundo, ao se precipitar dende un quinto piso.

Redacción - 19:05 01/07/2009

Un traballador morreu esta cuarta feira logo de ser arrolado nas obras do túnel do TAV en Arcade, no municipio de Soutomaior, mentres que outro operario de 51 anos de idade finou ao se precipitar dende un quinto piso nun edificio en obras en Monforte.

O primeiro dos accidentes laborais sucedeu sobre as 13.50 horas no túnel das obras do TAV en Arcade, onde un camión arrolou o traballador, segundo informou o 112-Galicia a Europa Press. O servizo de urxencias mobilizou o 061, a Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros de Pontevedra, aínda que finalmente non foi necesaria a intervención dos últimos.

Ademais, o 112 foi alertado ás 14.14 horas doutro accidente laboral ocorrido ao se precipitar ao un operario dende unha altura dun quinto piso dun edificio en obras, situado na confluencia das rúas Roberto Baamonde e a Avenida de Galiza, en Monforte.

O 112 deu aviso o 061, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil de Monforte. Ademais, mobilizou o helicóptero médico con base en Ourense, aínda que finalmente o operario foi evacuado en ambulancia ao Hospital comarcal de Monforte, finando finalmente.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: