Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Golpe de Estado

Concentración en Pontevedra pola legalidade democrática en Honduras

A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra convocou a cidadanía este mércores ás 20.30 horas na Peregrina.

Redacción - 14:35 01/07/2009

A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra convocou a cidadanía este mércores na Peregrina polo "retorno á legalidade en Honduras" e polo "dereito do pobo hondureño ao exercicio democrático" e denunciar a situación que se vive no país centroamericano tralo golpe de Estado do pasado domingo: "Sen luz, sen comunicación, co terror dos tanques na rúa e sen liberdades".

"Paremos o golpismo e a barbarie. Fóra o Exército das rúas!", exixen dende a plataforma, que reclaman tamén "a integridade dos sindicalistas e das asociacións populares ameazadas". A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra chama a "rachar o silencio cómplice das institucións españolas e dos medios".

Neste senso, din que cómpre exixir á UE, ao goberno español e a Xunta que "non recoñezan o monicreque do golpismo", e avogan pola "retirada do embaixador de España" -anunciada este mesmo mércores- e a "ruptura de relacións diplomáticas en tanto non se restitúa a actual lexitimidade democrática representada polo presidente Zelaya".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: