Tras o aleatorio reconto dun 10% dos votos, a raíz das denuncias da oposición, a principal instancia lexislativa do país deulle a reelección ao presidente.
O Consello dos Gardiáns, principal instancia lexislativa do Irán, confirmou a vitoria de Mahmoud Ahmadinejad nas eleccións presidenciais do pasado 12 de xuño, tras recontar un 10% dos votos, escollidos aleatoriamente. O principal opositor, Mir Hossein Mousavi, pedía que se repetisen os comicios porque mesmo o Consello de Gardiáns tiña admitido "irregularidades" en tres millóns de votos. Mais esta entidade negouse finalmente.
"Tras estudar o asunto, o Consello dos Gardiáns denega todas as denuncias de irregularidades feitas e valida as décimas eleccións presidenciais", anunciou a institución unha decisión que fai imposíbel a repetición dos comicios.
Ahmadinejad pide que se investigue a morte de Nera
Por outro lado, o xa ratificado presidente de Irán, Ahmadinejad, pediulle ao poder xudicial que investigue a "sospeitosa" morte a moza Nera Agha Soltan, que perdeu la vida nunha das manifestacións de protesta contra a fraude electoral. Ao tempo, Ahmadinejad, criticou a oposición e os medios de comunicación estranxeiros, "inimigos" do Irán, acusándoos de empregar o caso con fin propagandísticos.