Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA AFRONTAR A CRISE

O goberno español propón seis meses máis de paro

Aqueles desempregados que esgotasen as prestacións contributivas e asistenciais poderían recibir a axuda medio ano máis.

Redacción - 11:00 27/06/2009
Sindicatos e patronal deberán agora pronunciarse sobre a proposta

Sindicatos e patronal deberán agora pronunciarse sobre a proposta

Trátase dun borrador que o goberno do Estado Español xa achegou aos sindicatos e patronal. A proposta contempla ampliar en seis meses o cobro do paro a todos os desempregados que esgotasen todas as prestacións. A contía desta última axuda ascende a 420 euros e o cobro estará vencellado ao compromiso por parte do traballador de iniciar un período de formación para poder ser recolocado.

Por parte da patronal, xa confirmaron a recepción do borrador, se ben adiantaron que o están a estudar e que, de momento, non farán ningún tipo de valoración. Mentres, os sindicatos, reclaman que a nova prestación teña unha duración dun ano e non de seis meses e piden que se acompañe dun programa de emprego e de formación.

O borrador inclúe tamén cuestións como a loita contra o absentismo laboral, a mellora da formación profesional e unha rebaixa nas cotizacións para as empresas. Ademais, incorpora outros temas para asumir a medio prazo como a revisión da lei concursal ou o funcionamento das liñas de crédito do ICO, de cara a introducir cambios no modelo produtivo. O vindeiro xoves está prevista unha xuntanza entre goberno español, patronal e sindicatos para negociar o texto e acadar un acordo xeral para o vindeiro mes de xullo.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: