Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA O 2010

O goberno español agoira unha taxa de paro do 19%

Os prognósticos falan dunha caída do PIB dun 3,6% para o vindeiro ano. A saída do túnel terá que agardar outros dous anos.

Redacción - 18:00 12/06/2009
O goberno español vaticina unha taxa do paro do 18,9%, máis dunha decima por baixo das previsións do Banco de España e da Eurocomisión

O goberno español vaticina unha taxa do paro do 18,9%, máis dunha decima por baixo das previsións do Banco de España e da Eurocomisión

A crise continúa e o goberno español viuse obrigado novamente a revisar as súas previsións á baixa. O vaticinio agora é que a economía non volva a medrar até o ano 2011 e comparte os peores augurios que até o de agora prognosticaran outras entidades, se ben as súas estimacións reflicten un panorama menos catastrófico.

O executivo español agarda unha caída do PIB do 3,6% en 2009 (dous puntos porcentuais máis que na última previsión), ano no que o paro chegará ate o 17,9% e o déficit até o 9,5 %. Para o 2010 vaticinan que a economía se contraerá outro -0,3% (a previsión anterior falaba dun crecemento do +1,2%), o paro chegará até o 18,9% e o déficit quedarase no 7,9%.

Hai que ter en conta que, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre do ano, a taxa de paro sitúase actualmente no 12% en Galiza e no 17% no Estado Español.

Segundo os datos que manexa o goberno central, a recuperación chegaría en 2011, para cando esperan que a economía española medrará un 1,8%. Para o 2012, a expansión será do 2,7%.

Previsións máis pesimistas
Con todo, estes datos son aínda manifestamente mellores que outras previsións doutros organismos. Así, a Comisión Europea adiantara que o Estado Español sufriría unha concentración en 2009 de até o 3,2% e que en 2010 o crecemento negativo aínda estaría no 1%. A taxa de desemprego sitúaa no 20,5% no vindeiro exercicio.

Pola súa banda, as estatísticas do Banco de España achéganse máis ás do goberno, mais aínda son peores. Segundo as súas estimacións, a economía estatal caerá un 3% en 2009 e a taxa de paro achegaríase ao 20%.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: