O organismo internacional prognostica unha caída dun 3% no PIB en 2009.
O Fondo Monetario Internacional confirma as teses máis pesimistas do Banco de España. Segundo as súas análises, o Produto Interior Bruto vai caer un 3% este ano e sete décimas en 2010. Isto traduciríase, no prazo dun ano e medio, nunha taxa de paro de case un 20%.
O FMI considera que o Estado Español, canda Irlanda e Reino Unido van seguir tendo correccións nos prezos da vivenda durante este ano e o que vén.