CCOO decidiu que continuará coa convocatoria de folga na provincia de Pontevedra, ao igual que a CIG e a UXT.
CIG, UXT e CCOO manteñen a folga no sector
Logo de que cambalease a unidade sindical no sector do metal, a cohesión volveu este xoves aos representantes dos traballadores. Ao comezo da xornada a CIG era a única que apoiaba a folga en todo o sector, incluídas as empresas que teñen convenio propio, como é o caso de Citroën e as de compoñentes de automoción. Pola súa banda, a asemblea de traballadores da UXT decidira continuar co paro, mais só nas empresas afectadas polo convenio. E, finalmente, CCOO non apoiaba a convocatoria, ao estimar necesario un tempo para estudar a última proposta da patronal.
Así as cousas, esta última formación sindical decidiu a última hora da mañá do xoves nunha asemblea "moi axustada" que secundará a folga do sector. O seu voceiro, Ramón Sarmiento, descartou, non obstante, entrar a valorar a proposta sobre o convenio realizada polos mediadores da negociación, xa publicamente rexeitada pola UXT e a CIG. Con todo, Sarmiento dixo que "o dexexábel tería sido unha tregua" mentres se reflexionaba a proposta, se ben finalmente a maioría dos traballadores optaron por manter a folga indefinida.