Emitiron un documento que analiza o impacto da Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade e piden ás administracións que tomen medidas para mellorar.
A Convención foi adoptada o 13 de Decembro de 2006 na sede da ONU, en Nova York
O Foro de Vida Independente publicou un documento en que se analiza o impacto da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (decembro de 2006) en Galiza. Este documento analiza este texto e insta ás forzas políticas e administrativas do país a contribuír para construír unha sociedade con plena igualdade de oportunidades. O Foro de Vida Independente é un colectivo integrado por unhas 800 persoas que ten como finalidade a defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.
No documento explícase que algúns dos principais cambios conceptuais introducidos pola Convención son a definición da diversidade funcional en base á realidade social, a ampliación da Asistencia persoal para todas as actividades ou a inclusión na comunidade en igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional.
Dende o Foro de Vida Independente reclaman ás diferentes administracións galegas medidas como incluír a convención da ONU en todos os seus cursos e xornadas, ou promover o coñecemento e a comprensión da Convención no espazo educativo do ensino secundario.