Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO

A Unión Europea aproba recibir presos de Guantánamo

A decisión é un paso importante para o peche definitivo do polémico penal estadounidense.

Redacción - 13:15 15/06/2009

Os ministros de Exteriores da Unión Europea ratificaron este luns o acordo con EUA para acoller presos da cadea de Guantánamo. Os detidos non teñen cargos pero non poden ser devoltos aos seus países porque se teme pola súa integridade física-

No acordo tamén se explicita o “compromiso” de ambas partes para loitar contra o terrorismo “dentro do respecto aos Dereitos Humanos e ao Dereito Internacional na loita contra o terrorismo”

Nun comunicado, os representantes dos 27 estados que conforman a UE explicaron este luns que o acordo é unha axuda decisiva para que EUA peche o penal, “pase páxina” e cambie as súas políticas en materia antiterrorista.

O convenio entre o goberno estadounidense e a UE tamén recolle que o primeiro “considerará contribuir” os gastos xerados en Europa por mor da acollida dos ex presos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: