O tanzano Ahmed Ghailani, acusado por ataques con bombas a embaixadas dos EUA en África, foi trasladado a Nova York.
"Coa comparecencia diante da corte federal, Ahmedi Ghailani terá que render contas pola súa presunta relación nas bombas contra as embaixadas dos Estados Unidos en Tanzania e Kenya e o asasinato de 224 persoas", expuxo nun comunicado a Fiscalía Xeral dos EUA.
Trátase dun importante chanzo no camiño do cumprimento por parte do goberno dos EUA da promesa de peche do cárcere ilegal de Guantánamo. Nas últimas semanas xa transcenderan informacións sobre o posíbel traslado dalgúns dos detidos a prisións doutros países. Un dos problemas principais no proceso de peche apareceu co rexeitamento realizado polo congreso estadounidense de estabelecer financiamento específico para o plan de eliminación do cárcere de Guantánamo.
Para ampliar: