Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PERMANECEN EN PRISIÓN DENDE HAI 18 MESES

Solicitan oito anos de cadea para dous independentistas acusados de "depósito de explosivos"

O ministerio público rexeita a tese de "integración en banda armada", que nun comezo se lle imputaba a Santiago Vigo e José Sanches.

Redacción - 13:00 03/06/2009
Voluntarios de Ceivar suxeitan unha faixa na que se pide a liberdade para os presos independentistas

Voluntarios de Ceivar suxeitan unha faixa na que se pide a liberdade para os presos independentistas

A Fiscalía española presentou, a finais do mes pasado, a acusación provisional no caso contra os independentistas José Manuel Sanches e Santiago Vigo, detidos a mediados de decembro de 2007, acusados de preparar un artefacto explosivo que, supostamente, pretendían colocar nunha axencia inmobiliaria do Barbanza, segundo declararon os gardas civís que os detiveron.

Agora, a Fiscalía pide unha condena de oito anos de prisión por un delito de "depósito de explosivos", mais deixa de lado a acusación inicial de "integración en banda armada", que se lles imputara dende a Audiencia Nacional a Vigo e Sanches ao seren detidos.

Actualmente, os dous militantes independentistas están en prisión preventiva (Sanches en León, e Vigo en Madrid), onde levan un ano e cinco meses. Porén, dende Ceivar sinalan que, dada esta modificación na petición provisional de condena, a data do xuízo podería coñecerse nos vindeiros días.


3,91/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: