Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
En apoio da mobilización cidadá

O Rainbow Warrior súmase a unha concentración protesta de embarcacións en Cangas

O buque de Greenpeace axudará este xoves a difundir as queixas de veciños e ecoloxistas, a pé do peirao do Salgueirón.

Redacción - 12:45 28/05/2009

A tres días da manifestación da rede Galiza Non se Vende, veciños e ecoloxistas suman voces contra o proxecto de construción de porto deportivo no contorno do Salgueirón, en Cangas. Ao tempo que a empresa continúa os traballos, e os camións entran coa pedra para o recheo, erguen voz desde o Foro Social de Cangas.

Na tarde deste xoves, ducias de embarcacións de baixura de toda a ría decorarán o mar cangués en protesta pola situación. Para as 18h agárdase ademais a chegada do emblemático buque de Greenpeace, o Rainbow Warrior, ao lugar de Cabo Balea, en apoio da causa.

"O banco pesqueiro e marisqueiro que desaparecería co porto, segundo fontes do sector, crea uns 500 postos de emprego directo, que non se mirarán compensados de ningunha maneira pola construción dun porto deportivo privado", recordan desde o Foro. A continuación, contra as 20h, haberá unha asemblea veciñal na Alameda Vella da vila para estudaren próximas accións.

Denuncia contra a alcaldesa
Por outro lado, o Foro Social presentou este mércores no xulgado de garda unha denuncia por presunta prevaricación contra a rexedora canguesa e demais cargos públicos e funcionarios "que puideran estar implicados nos feitos denunciados".

A decisión chega debido ao inicio das obras na zona do Salgueirón por parte da empresa Puentes y Calzadas e a resolución ditada de "paralizar só parcialmente ditas obras". "Consideramos clave o informe emitido pola secretaria do Concello en marzo de 2008, cuxas eivas amosamos en escrito presentado o 18 de maio; a falla de concordancia coa cualificación urbanística actual da zona e a usurpación de dominio público por parte da promotora", expoñen.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: