Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Após o boicot dos gandeiros á recollida do leite

Lence ameaza: “Se non podo traballar en liberdade, hei pechar”

O propietario de Leite Río di que non vai admitir "ningún tipo de condición" do Sindicato Labrego Galego, "nin de ninguén".

Redacción - 08:00 26/05/2009
Baleirando os camións de Leite Río / Imaxe: SLG

Baleirando os camións de Leite Río / Imaxe: SLG

O propietario e administrador único de Leite Río, Jesús Lence, asegurou esta segunda feira, após as mobilizacións dos gandeiros, que boicotearon a recollida do seu leite, que non ha admitir "ningún tipo de condición" do Sindicato Labrego Galego (SLG), "nin de ninguén", e sinalou que no momento no que non poida "exercer a súa profesión e traballo en liberdade, ha pechar".

Despois de que el SLG anunciase a suspensión provisional das accións contra a industria láctea deste empresario lugués -produtores lácteos baleiraron o contido de 10 dos seus camións cisterna dende o sábado, a raíz do abandono da compra de materia prima a dúas explotacións d'A Mariña-, Lence considerou que "a estas alturas" non ha aceptar condicións. "Era o último", recalcou.

O propietario de Leite Río tamén sostivo que os responsábeis do Sindicato Labrego Galego "poden estar orgullosos" polas accións rexistradas dende o sábado e, neste sentido, subliñou que non vai ser a súa empresa a que "vaia pagar" o contido das cisternas baleiradas.

Porén, Lence non puido confirmar o número de vehículos retidos e de litros de leite perdidos, ao carecer de información do acontecido esta segunda feira.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: