Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALTA DE PROBAS

Absolven os catro brigadistas acusados de prender lume

O xurado popular aduciu "falta de probas" para declarar non culpables aos veciños de Fonsagrada membros da brigada de incendios.

Redacción - 19:10 15/05/2009

O xurado popular absolveu aos catro brigadistas da Fonsagrada acusados de prender lume durante a madrugada do 20 de xullo do ano 2005. O xuízo durou un día e medio durante os que pasaron polo xulgado 54 testemuñas e tres peritos.

O fiscal pedía para catro anos de cárcere para cada un dos acusados, aos que lles imputaba un "delito continuado de incendio intencionado". Ademais, pedían multas de máis de tres mil euros e indemnizacións que roldaban os 2.700 euros.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: