Ademais, a central sindical insta a non pagar no caso de producirse retencións, xa que entenden que se trata dun pago destinado a circular en condicións óptimas de fluidez.
Peaxe
A federación de Construción da CIG nas comarcas de Vigo e Pontevedra pediu aos usuarios das autoestradas AP9 e AG57 que fagan o seu pago con moedas pequenas, como modo de presión para a readmisión de traballadores recentemente despedidos. Esta presión iría dirixida á empresa concesionaria da xestión de esta vía, Valoriza Conservación de Infraestruturas, para pedirlle que se reactiven as conversas nas que se trataba a readmisión dos 12 traballadores recentemente despedidos.
A CIG lémbralle aos usuarios destas vías que non quebrantan ningunha norma legal pagando a peaxe con moedas pequenas. Recórdalles tamén que "no caso de sufrir retencións non están obrigados a satisfacer o importe da peaxe, xa que esta é un cánon que, máis que para poder circular polas autoestradas, abónase por facelo nunhas condicións de seguridade e fluidez óptimas".