Máis de 400 rapaces e rapazas, todos en idade escolar, achegáronse dende diferentes puntos do país mais tamén de España e Portugal.
O pasado domingo celebrouse en Ourense a segunda edición do Festival Internacional de Xadrez que se organiza nesa cidade, desta vez baixo o lema "Deporte e Ciencia para a Xuventude". Con esta proba inaugúrase un calendario de 10 probas que compoñen o Circuíto Galego Escolar'09 de xadrez, no que estarán presentes escolares de entre 5 e 18 anos.
Despois de que remataran as probas do torneo houbo unha partida de exhibición en que os gañadores das catro categorías xogaron simultaneamente contra Iván Salgado. Este mozo ourensán é actualmente campión estatal na categoría sub-18 e ocupa a segunda posición na listaxe mundial que recolle aos xadrecistas desa idade.
Encadrado nas actividades de Expourense 2009
Este torneo estivo enmarcado dentro do calendario de eventos do Expourense 2009. Isto foi así porque concordaba cos obxectivos fundacionais do recinto que consistían, entre outras cousas, na promoción e difusión de actividades vencelladas coa educación, a formación e o deporte entre os máis novos.