Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OS MELLORES DE 2008

A AELG entregou os seus premios anuais na Cea das Letras

Galardoados Miguel Anxo Murado, Xabier Docampo, Xulio Valcárcel, Inma López Silva, Gonzalo Navaza, Teresa Moure, Ana Romaní, Marcos Valcárcel, Elena Poliatowska e o Liceo de Ourense.

Redacción - 10:35 10/05/2009
Os premiados e premiadas

Os premiados e premiadas

A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado a Cea das Letras, un dos actos máis importantes da organización, na que deu a coñecer e entregou os premios ás mellores obras publicadas no ano 2008.

Da suma de votos emitidos nunha primeira quenda polas persoas asociadas á AELG, coa participación de Gálix para escoller a mellor obra de literatura infantil e xuvenil e do Colexio de Xornalistas para o de mellor traxectoria xornalística, elaborouse unha listaxe de obras finalistas, sobre a que se elixiron as seguintes gañadoras:

  • Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
  • Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
  • Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
  • Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
  • Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
  • Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
  • Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
  • Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
  • Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
  • Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska


2,58/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: