Xurxo Romaní e Koichi Tanehashi presentan no Centro Galego de Barcelona a súa versión das cantigas de escarnio e maldicir galego-portuguesas.
O zanfonista galego residente en Cataluña, Xurxo Romaní, acompañado do guitarrista catalano-xaponés Amadeu "Koichi" Tanehashi, presentan o traballo "Escarnho e maldizer" no Centro Galego de Barcelona; unha visión de dez cantigas medievais con influenzas varias e con moita esencia pop, fuxindo da "música medieval" e cunha "fascinación persoal pola lírica galaico-portuguesa", segundo declarou Romaní para radio "Radiodifusión".
O disco "Escarnho e malizer" pódese descargar de balde baixo licenza Copyleft na Plataforma A Regueifa, onde Xurxo Romaní ten publicado máis traballos coa zanfona.
Sábado, 9 de maio, 19.30 h
Concerto "Cantigas d'Escarnho e maldizer", Xurxo Romaní (zanfona) e Amadeo "Koichi" Tanehashi (guitarra).
Entrada: 2 euros.
Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37