Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
PÓDESE DESCARGAR DE BALDE NA PLATAFORMA 'A REGUEIFA'

"O diaño e a mona": novo traballo de Xurxo Romaní coa zanfona

O zanfonista galego afincado en Catalunya presenta o seu último traballo.

Xabier Paradelo - 19:30 21/11/2007

Xurxo Romaní edita un disco no que a zanfona busca camiños dentro das músicas contemporáneas, o jazz e o funk, feito en colaboración co guitarrista catalano-xaponés Amadeo Tanehashi. Pódese descargar de balde na web A Regueifa.


O diaño e a mona, nome do traballo do zanfonista, brinca e rende homenaxe á expresión que os seus paisanos galegos usaran para se referiren ás sorprendentes novidades tecnolóxicas que lles amosaran imaxes en movemento a principios do século XX. Con este motivo, o músico presenta un instrumento tradicional, a zanfona, actualizándoo e brincando con el con outras músicas lonxe do folk.



Xurxo Romaní xa ofrecera o ano pasado unha mostra da súa música, tamén na Regueifa, "Mandranugalla", que co nome xogaba a combinar as palabra catalá, "mandra", e a galega para se referir á "preguiza" ou á "nugalla". Este traballo, de feitura máis tradicional comparado co de hogano, leva un par de temas remesturados por Fanny + Alexander.



Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"O diaño e a mona"
"O diaño e a mona"
"Mandranugalla"
"Mandranugalla"