Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Ao carecer de permisos

Santiago deberá retirar a vídeo-vixilancia

O Movemento polos Dereitos Civís paga unha fianza de 3.000 euros para que se cumpra a execución provisional da sentenza xudicial.

Redacción - 18:40 05/05/2009

"Se o Concello non retira as cámaras incorrería en desobediencia e podería ser sancionado polo Xulgado, así como denunciado”, advirten desde o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), esixindo a retirada inmediata dos dispositivos, tal e como vén solicitando o colectivo desde o inicio do procedemento xudicial.  

Desde esta asociación cualifican de “indignante” que unha asociación sen ánimo de lucro teña que abonar unha fianza de 3000 euros para que unha institución cumpra a legalidade "cando debera retirar as cámaras coa primeira denuncia e pedindo desculpas á cidadanía". Ao respecto da recadación da fianza, o responsábel do Movemento agradeceu a solidariedade cidadá que achegou cartos a tal finalidade.

A decisión do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago obrigará así o Concello de Santiago a retirar as cámaras de vídeo-vixilancia instaladas na zona vella, ao carecer dos permisos necesarios, e tras este pagamento de 3.000 euros de fianza requiridos para que se cumpra a execución provisional da devandita sentenza.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: