Unha asociación denuncia a impunidade dun sector de veciños de Caritel (Pontevedra) causantes de varios ataques xenófobos a unha familia de etnia xitana realoxada na vila.
A asociación Veciños pola Tolerancia de Ponte Caldelas (Pontevedra) convocou, a pasada quinta feira, unha concentración en apoio a unha familia de etnia xitana que, segundo contan, vén sufrindo ataques xenófobos e un acoso continuado por parte dalgúns e dalgunhas veciñas despois do seu traslado á vila de Caritel.
Esta familia foi vivir a Caritel como consecuencia do proceso de realoxo dos habitantes do poboado do Vao. Porén, agora, segundo denuncia esta asociación e recolle o colectivo GzVídeos nesta súa reportaxe, as agresións racistas que se veñen producindo "coa completa pasividade da Administración do Estado".