Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
este domingo

Violentas protestas en Exipto contra a orde gobernamental de sacrificar os porcos

Gandeiros e axentes da policía enfrontáronse no Cairo. Esta medida fori decretada polo goberno, ante o medo á expansión da gripe H1N1.

Redacción - 09:00 04/05/2009

Os gandeiros exipcios enfrontáronse este domingo á policía, no Cairo, no medio das protestas contra as medidas que decretan o sacrificios dos porcos de granxa, ante o medo á expansión da gripe A (H1N1), tamén coñecida coma gripe do porco. A medida foi anunciada polo goberno exipcio, a pesar de que aínda non se detectaron casos de contaxio entre humanos no país.

Centos de manifestantes guindaron pedras e botellas contra a policía, que respondeu con gas lacrimóxeno e balas de goma, segundo informou a BBC.

Sacrifico masivo como medida preventiva
As autoridades ordenaron o sacrifico masivo de porcos como medida preventiva, a pesar de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) determinou que este tipo de medidas resultaban innecesarias, xa que a carne e os derivados do porco non transmiten o virus. Alén disto, en Exipto só un 10% da poboación, a minoría cristiá, é a que come carne deste animal.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: