Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dispositivo da DXT

Vinte puntos conflitivos na estrada nunha ponte de 400 mil desprazamentos

Galiza sumará un 8% de todos os desprazamentos previstos a nivel estatal, segundo a previsión da Dirección Xeral de Tráfico.

Redacción - 10:00 01/05/2009


A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé uns 408.000 desprazamentos na rede viaria galega durante a operación especial con motivo da ponte do 1 de Maio. A DXT estima que as estradas de Galiza rexistrarán un 8% dos 5,1 millóns de desprazamentos estimados en todo o Estado Español na operación especial que se desenvolverá entre as 15h deste xoves e a media noite do domingo.

En concreto, en Galiza a DXT advirte dunha vintena de puntos conflitivos nas catro provincias. Na Coruña localízanse na AC-12 e AC-11 nos accesos á cidade herculina; N-550 no entroncamento coa autovía a-6; e na N-651, en Pontedeume. Tamén se prevé tráfico intenso na autoestrada AP-9 no acceso á Coruña; A-6 na saída cara a a AP-9 sentido cidade herculina; AC-552 na glorieta d'A Grela; AC-173 na glorieta a Santa Cristina, Bastiagueiro e Santa Cruz; AG-56 en acceso a Santiago e a VG-11 no entroncamento coa AP-9.

En Pontevedra os puntos conflitivos localízanse na autovía de Vigo a Tui (a-55); na A-52 no límite da provincia de Ourense; na N-550, na travesía de Caldas de Reis; e na N-640 no acceso a Vilagarcía e Caldas. Pola súa banda, na provincia de Lugo os puntos conflitivos localízanse na N-VIN en Nadela e na estrada N-634 na glorieta de enlace coa autovía a-8 en Barreiros. En Ourense, a DXT prevé problemas na N-120 na rotonda de acceso no centro comercial na cidade d'As Burgas; N-525; e na OU-540 entre os quilómetros 1 e 7.

Na rede estatal, a DGT indicou que os maiores problemas circulatorios se concentrarán nas saídas das grandes cidades, principalmente Madrid, para posteriormente trasladarse ás cidades de destino, polo que as estradas de Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e Andalucía serán as máis afectadas.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: