Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise da axenda do novo Goberno

O Igadi pídelle á Xunta ambición exterior para superar a crise

O Consello Asesor, reunido esta fin de semana, defendeu a importancia de "coller impulso en dúas áreas clave: Portugal e Asia".

Redacción - 11:35 28/04/2009

O Consello Asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) reuniuse esta fin de semana para abordar a axenda exterior do novo Goberno. Consideran que no actual momento de crise económica cómpren "medidas audaces que deben contextualizarse no eido global en consonancia cunha crise que presenta idénticas proporcións".

Nesta perspectiva, dende o Igadi suxiren unha maior presenza internacional, "identificando áreas xeográficas e sectoriais de maior interese", que consideran "constitúe unha opción inevitábel para saír fortalecidos da actual conxuntura".

"O exterior non é gasto corrente nin superfluo senón un investimento estratéxico de grande importancia", afirman dende o instituto, argumentando que "é unha nova tecnoloxía, unha ferramenta indispensábel para identificar e aproveitar oportunidades nun mundo sen fronteiras".

Ademais, cren que a coordinación entre os diversos departamento da Xunta é clave para optimizar recursos, e defenden a importancia de "coller impulso en dúas áreas clave: Portugal e Asia", especialmente na segunda, "a zona economicamente máis dinámica do planeta".


3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: