Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cruz Vermella advirte de centos de falecidos

A ONU enviará unha misión humanitaria ao Nordeste de Sri Lanka

Milleiros de persoas están sendo prexudicadas polo conflito entre o exército e a guerrilla tamil.

Redacción - 08:00 24/04/2009
O escudo da  guerrilla tamil

O escudo da guerrilla tamil

O secretario xeral das Nacións Unidas (ONU), Ban ki-moon, anunciou o envío "inmediato" dun equipo humanitario ao Nordeste de Sri Lanka, para avaliar as condicións da zona, que vive un conflito creado polos reiterados ataques do exército contra a guerrilla tamil.

"A misión deste equipo será examinar a situación, apoiar a distribución de axuda humanitaria e facer todo o posíbel para protexer a poboación civil", explicou Ban Ki-moon durante a conferencia de países doantes de Somalia, que está a desenvolverse en Bruxelas. Nesta liña, o secretario xeral da ONU, pediu a colaboración do goberno de Sri Lanka, para de dea o "pleno apoio" aos delegados internacionais que se desprazarán a esta zona.

Ban Ki-moon tamén dixo estar "moi preocupado" pola rapidez coa que a situación "se está a deteriorar", e volveulles pedir aos Tigres de Liberación da Patria Tamil (LTTE) que depoñan as armas, e ao exército que suspenda a ofensiva. "Xa foron sacrificadas tantas vidas, que non temos tempo que perder".

Centos de mortos e feridos e milleiros de persoas pechadas en 13 quilómetros cadrados
Segundo as últimas estimacións, máis de cen mil persoas abandonaron, dende comezos desta semana, a zona na que se están a desenvolver os combates, e están a ser instaladas en campos de refuxiados, aos que as axencias humanitarias e ONG non teñen acceso, con excepción da Cruz Vermella Internacional. Precisamente, un voceiro da Cruz Vermella adiantou que os combates dos últimos días, descritos polo exército como a última batalla para conseguir a derrota final dos rebeldes, provocaron "centos de mortos e feridos". Só na quinta feira, adiantou a mesma fonte, 33 mil civís saíron da zona pechada polo exército -de 13 quilómetros cadrados-, por un dos postos de paso autorizados.

Máis información:

  • No Tamil Net (varias linguas e inglés):
  • No Daily News (en inglés / xornal nacional de Sri Lanka dende 1918)


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: