Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Nova York

Piden a perpetua para o somalí de 15 anos xulgado en EUA por pirataría

Abdukhadir Muse é o único sobrevivente do secuestro do barco 'Maersk Alabama', logo da intervención de francotiradores estadounidenses.

Redacción - 11:25 22/04/2009
O xuízo será público a partir de agora

O xuízo será público a partir de agora

Un rapaz somalí de 15 anos foi declarado maior de idade e inculpado este martes en Nova York con cargos de pirataría por participar supostamente nun ataque contra un cargueiro estadounidense.

Abduwali Abdukhadir Muse é o único sobrevivente do secuestro do barco Maersk Alabama, no Océano Índico fronte ás costas de Somalia, que concluíu coa morte doutros tres piratas por francotiradores do Exército dos EUA.

A fiscalía presentou cinco cargos na súa contra, incluíndo o de "pirataría baixo dereito internacional", polos que podería ser condenado a cadea perpetua. O proceso cobra especial importancia xa que sentaría un precedente legal.

Muse compareceu o martes ante o xuíz federal Andrew Peck, que rexeitou os argumentos da defensa segundo a cal o sospeitoso tiña 15 anos, considerando en cambio que ten idade para ser xulgado como adulto.


3/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: