Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Para abordar a presenza da lingua na educación

Os equipos de normalización a prol do Decreto do galego solicitan unha xuntanza con Feijoo

A Coordinadora Galega de EDNL solicitou entrevistarse co presidente, dado que son "axentes fundamentais" no deseño de programas relacionados coa lingua.

Redacción - 13:00 20/04/2009
Unha imaxe dos nenos e nenas dos centros de ensino de Galiza no Correlíngua

Unha imaxe dos nenos e nenas dos centros de ensino de Galiza no Correlíngua

Membros da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (EDNL), entidade que conta co apoio de case 400 equipos de centros educativos públicos e privados de todo o país, entregou esta segunda feira de mañá, no Rexistro da Xunta, a solicitude para entrevistárense con Alberte Núñez Feijoo.

Esta iniciativa desenvólvese despois de que o presidente da Xunta fixese públicas, no debate de investidura, as súas intencións de "derrogar o Decreto do galego -124/2007- e buscar o consenso con todos os sectores implicados" para elaborar o "novo marco lexislativo que regule a presenza das linguas no sistema educativo".

Así, dende a EDNL destacan que levan "moitos anos no ámbito da normalización" e que, segundo o Plan Xeral de Normalización da lingua galega, son "axentes fundamentais no deseño, posta en práctica e revisión dos programas" nos centros de ensino de Galiza. Nesta liña, a coordinadora entregou, a pasada fin de semana, un manifesto apoiado por centos de equipos de normalización, no que amosan a "súa preocupación" polo escuro futuro deste decreto.


Ligazóns

5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: