Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 21 AO 25 DE ABRIL

Sada acolle o 'II Festival Galego de Curtas'

Poderanse ver unha vintena de curtas, entre elas 'O cazador', 'Adeus Edrada', 'Leo' ou 'Cinco días de setembro'.

Redacción - 19:15 19/04/2009

Un total de 19 curtametraxes competirán entre os días 21 e 25 de abril no ‘II Festival Galego de Curtas' do Concello de Sada. As pezas proxectaranse no auditorio da Casa da Cultura todos os días a partir das oito da tarde. O concurso clausurarase o día 25 coa gala de entrega de premios, que terá lugar na Casa da Cultura ás 19 horas.

O martes 21 de abril proxectaranse ‘Grazas pola súa visita', ‘O cazador', ‘Retornados', ‘Sinceramente' e ‘Pode ser'. O día 22, o pase incluirá o visionado de ‘Cinco días de setembro', ‘A xinecóloga', ‘Perversa Lola' e ‘Adeus Edrada'. O 23 proxectaranse as curtametraxes ‘Caracolas', ‘Z', ‘Economía de mercado', ‘Do señor e o home do soño' e ‘Ionqui. As últimas cinco curtas emitiranse o día 24: ‘O pintor de ceos', ‘Vellas', ‘The Werepig', ‘Leo' e ‘A fábrica'.

Na primeira edición do festival
'Cores' (Mr Misto) foi a gañadora, impoñéndode ás producións 'Automóbil', de Formatoriginal, e 'Da man da raíña vermella', de Currelo Filmes, que foron finalistas.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: