O traballo de Mr Misto impúxose ás producións 'Automóbil', de Formatoriginal, e 'Da man da raíña vermella', de Currelo Filmes.
Cartaz de 'Cores'
Cores narra a historia dun particular encontro entre un soldado do bando nacional e outro do republicano durante a Guerra Civil nun lugar indeterminado do monte galego para amosar ao espectador o absurdo dun conflito que non permitiu á poboación máis opcións que alistarse nun dos dous bandos.
Tanto a curta gañadora, como as dúas finalistas, Automóbil, de Formatoriginal, e Da man da raíña vermella, de Currelo Filmes, recibirán 450 euros de premio. Pero ademais, os responsábel de Cores terán tres mil euros para realizar unha curtametraxe inspirada na vila de Sada, que se presentará na vindeira edición do festival, que terá lugar en abril de 2009.
Durante a gala final do festival tamén se fixo entrega de cinco mencións especiais do xurado. A de mellor actriz foi para Belén Constenla pola súa actuación en Rosa dos Ventos; a de mellor actor recau en Xavier Estévez por Automóbil;a de mellor fotografía recolleuna Antón Bugallo por O Cerco; a que distinguiu á mellor música foi para Sergio Pena por Da man da raíña vermella; mentres que Mikel Fuentes e Jairo Iglesias recibiron unha mención especial polo seu guión en Cores.