Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALTA DE LIQUIDEZ

Os bancos captan en depósitos oito veces máis do que prestan

No mes de febreiro, os usuarios das entidades financeiras ingresaron nas súas contas 42,3 millóns de euros mentres que os bancos só formalizaron créditos novos por valor de 5,3 millóns.

Redacción - 11:30 13/04/2009

Xa o din os estadistas, os empresarios, os sindicatos e até os traballadores: un dos grandes problemas desta crise económica é a falta de liquidez. Agora o Banco de España pon esta máxima aceptada por todos en cifras: as entidades bancarias non prestan cartos na mesma medida en que os ingresan. Para mostra, un dato: no mes de febreiro captaron oito veces máis do que prestaron.

Os bancos concederon créditos novos por 5.301 millóns de euros en febreiro, mentres que os novos depósitos captados neste mes ascenderon a 42.396 millóns. A caída en ambas as dúas estatísticas con respecto ao ano anterior é evidente: a formalización de novos préstamos caeu un 42% neste período (hai un ano fixéronse préstamos por valor de 9.158 millóns); mentres, a captación de novos depósitos reduciuse un 12% (48.470 millóns no ano anterior).

Como se explica?
Unha cousa é clara: os bancos e as caixas están a amosar dificultades para conceder financiamento. A explicación hai que buscala no endebedamento das entidades. Ao continuaren pechados os mercados internacionais, teñen que facer fronte aos seus vencementos cos recursos que captan dos seus clientes, o que, á súa vez, reduce o importe que poden destinar á concesión de préstamos.

Mentres, os empresarios lamentan as graves consecuencias que a falta de liquidez ten na súa capacidade de negocio e fan fincapé na necesidade de solucionar o problema para saír da crise. Da súa banda, o goberno de Zapatero xa adiantou que está entre as súas prioridades a reestruturación do sector financeiro, uns cambios que buscarían garantir a liquidez do sistema bancario, lastrado pola caída do ladrillo. Á súa vez, desa maior fluidez de cartos públicos e dos créditos bancarios depende un consumo que tamén caeu en picado (as previsións apuntan a un descenso do 3,1% ao remate deste ano).


Ligazóns

4,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: