Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reconto da CIG

Dez construtores "desaparecidos" na provincia de Lugo

O sindicato denuncia a fuxida dos empresarios deixando traballadores en situación "precaria".

Redacción - 09:15 09/04/2009

"Montan unha empresa, tíranlle todo o proveito posíbel e logo, cando hai calquera tipo de problema, desaparecen", explicou este mércores Xosé Ferreiro, secretario comarcal da CIG. Ferreiro solicitou maior control por parte das administracións e unha lexislación máis dura que vixíe estas prácticas. "Calquera con 3 mil euros pode montar unha empresa e logo levar a cabo este tipo de estafas", denuncia.

Segundo o reconto da CIG, hai agora mesmo 10 casos de actualidade relativos a empresas da construción na provincia de Lugo, cuxos directovos "desapareceron" deixando "orfos" os traballadores e "nunha situación precaria". "Este é un problema endémico da provincia de Lugo, que en épocas de crise acrecéntase", advertiu Xosé Ferreiro, afirmando que "un dos problemas graves que ten esta provincia é que hai poucos empresarios serios e bastantes especuladores".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: