Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLA SITUACIÓN DE DESEMPREGO

A patronal de Pontevedra agoira unha escalada na conflitividade social

Os empresarios demandan a adaptación das subas salariais aos incrementos de produtividade, a rebaixa nas cotizacións á Seguridade Social ou o control do absentismo laboral.

Redacción - 18:30 03/04/2009
O presidente da CEP augura un "incendio" na sociedade civil

O presidente da CEP augura un "incendio" na sociedade civil

De seguir así, "prevese que non só se incendie o monte, senón tamén a sociedade civil". Estas foron as palabras do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, (CEP), Xosé Manuel Fernández Alvariño, quen tirou esta conclusión da "importante cantidade de desempregados que temos, moitos deles sen cobrar ningún tipo de prestación". A súa receita é o "diálogo continuo cos tres sindicatos" e "buscar fórmulas creativas" que permitan atallar o problema e converter a Pontevedra nunha zona atractiva para o inversor e "sen ningún tipo de conflitividades", xa que, segundo dixo, "tomando as rúas non se capta ningún investimento".

Ideas para o remate da crise
Máis alá da diagnose, a patronal de Pontevedra presentou as súas propostas perante a crise: trasladarán ao novo goberno a "necesidade de adaptar as subas salariais aos incrementos da produtividade"; a rebaixa das cotizacións á Seguridade Social; o control do absentismo laboral; a creación de "novos estímulos" á contratación; e "que os subsidios sigan incentivando a incorporación de empregados".

Doutra banda, achegou ideas para os diferentes sectores produtivos da provincia. Así, avogou por reforzar a automoción e apoiar os sectores da construción, o forestal, a pesca e as enerxías renovábeis. Finalmente pediu a reforma do imposto de sociedades; un control da finalidade dos fondos públicos; e maior celeridade nos pagos a empresas por parte da Administración. A isto engadiu a exixencia de que se reforcen as liñas de avais ás pequenas e medianas empresas; e facilidades para os aprazamentos no pago do IVE e á Seguridade Social, entre outros impostos.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: