Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TELEFONÍA

O novo firmware do iPhone permite "burlar" a operadora móbil

Un fallo na versión de proba do sistema operativo do teléfono de Apple permite facer chamadas de balde vía Skype a través da rede 3G.

Redacción - 07:30 02/04/2009

Os usuarios de iPhone que están a probar o seu novo firmware, a versión 3, descubriron que poden usar as redes 3G para chamar por teléfono de balde a través de Skype. O software de eBay chegou á plataforma móbil de Apple hai só uns días.

A compañía fabricante dos Mac sempre restrinxiu a posibilidade de poder facer chamadas VoIP a través das redes móbiles, pois desgustaría os operadores que tanto pagan pola exclusividade dos iPhone. Porén, a nova versión de proba do software interno destes móbiles non inclúe o bloqueo a Skype.

Nas anteriores versións do sistema operativo de iPhone, se o usuario desexa facer unha chamada de voz por internet, o aparato automaticamente intenta conectarse a una rede Wi-Fi e dá erro se non é posíbel.

Aínda que algunhas persoas que comprobaron a 'apertura' da versión 3 do firmware de Apple cren que significa unha "apertura" á posibilidade de permitir estas chamadas, vese máis que improbábel que a empresa estadounidense lles provoque "perdas" ás compañías operadoras de telefonía móbil e que esta posibilidade se debeu a un erro que se corrixirá na versión definitiva.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: