Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A partir do vindeiro 5 de abril

O Tíbet reábrelle as súas fronteiras aos turistas

Un ano após os levantamentos que pedían a independencia da rexión, o goberno chinés anuncia que ergue a prohibición de entrada aos estranxeiros.

Redacción - 09:00 30/03/2009
Turista con dúas mozas tibetanas. Imaxe tirada en 2006, cando se abriu o tren chinés cara o Tíbet / Flicrk: alickmighall

Turista con dúas mozas tibetanas. Imaxe tirada en 2006, cando se abriu o tren chinés cara o Tíbet / Flicrk: alickmighall

Os turistas estranxeiros poderán entrar no Tíbet a partir do vindeiro 5 de abril, segundo sinalaron dende o Ministerio de Turismo do goberno chinés, e publica a axencia oficial de noticias Xinhua.

Tras a violencia vivida a mediados de marzo do ano pasado, China expulsara os turistas estranxeiros que naquela altura estaba no Tíbet, pechándolle a entrada a calquera visitante foráneo. Xa con anterioridade, o acceso estaba moi limitado, xa que, ademais do visado chinés, fai falta un permiso especial da Oficina de Turismo tibetana. Daquela, o responsábel do Departamento de Turismo no Tíbet, Bachug, sinalaba que a recepción de estranxeiros fora suspendida en marzo do 2008 "pola seguridade dos viaxeiros". Porén, agora para este funcionario, o Tíbet é "harmonioso e seguro", e as axencias de viaxes e os hoteis están "ben preparados para recibir os turistas".

Dende que funciona o tren cara o Tíbet -dende xullo de 2006-, o número de turistas chineses na rexión aumentou considerabelmente, rexistrándose 4,02 millóns no 2007, un 64% máis que o ano anterior. Nese ano, os xaponeses foron o principal país emisor de estranxeiros ao Tíbet -78 mil-, superando, por vez primeira, os EUA.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: