Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cataluña contra Boloña

Prevén destituír o xefe dos Mossos d'Esquadra polas cargas contra os estudantes

O conselleiro de Interior do goberno catalán, Joan Saura, apartou a Rafael Olmos do seu traballo, após os incidentes acontecidos a pasada semana en Barcelona.

Redacción - 09:00 26/03/2009
Imaxes da carga

Imaxes da carga

O director xeral da policía catalá, os Mossos d'Esquadra, Rafael Olmos, só vai permanecer no seu cargo até a vindeira terza feira, día no que conselleiro de Interior da Generalitat, Joan Saura, prevé destituílo de xeito oficial. Saura responsabiliza a Olmos das cargas que protagonizaron os Mossos a pasada semana no centro de Barcelona, contra os estudantes que se manifestaban, pacificamente, no marco das protestas contra Boloña.

Durante a marcha, na que os estudantes portaban libros e denunciaban o violento desaloxo vivido momentos antes no reitorado da Universidade de Barcelona (UB), os Mossos cargaron con contundencia, e varias persoas resultaron feridas -entre eles, xornalistas e mesmo policías, alén dos manifestantes-, e outras foron detidas.

Aínda que Saura non fixo oficial a súa decisión, os medios de comunicación facíanse eco do feito de que apartase ao xefe dos Mossos da preparación do dispositivo policial previsto para a tarde desta quinta feira, cando os universitarios prevén concentrarse para protestar, outra volta, contra Boloña e contra a represión policial.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: