Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DOS RESULTADOS ELECTORAIS

Xosé Luís Baltar vaticina un "difícil camiño" para Manuel 'Pachi' Vázquez

O presidente do PP en Ourense asegura que o PSdeG culminou as súas aspiracións no goberno e que agora vai cara abaixo.

Redacción - 17:45 24/03/2009
Baltar fala dunha "longa travesía no deserto" para describir o futuro do PSdeG

Baltar fala dunha "longa travesía no deserto" para describir o futuro do PSdeG

Xosé Luis Baltar, presidente do Partido Popular en Ourense, non quixo pronunciarse sobre a candidatura de Manuel Vázquez a liderar o PSdeG. Asegurou que "lle parecerá ben se o seu partido cre que é a persoa axeitada", xa que "estas decisións corresponden ás propias organizacións". Con todo, prognosticoulle un futuro complicado: "estes catro anos manexaba ao seu antollo un departamento de moitos fondos", dixo, "e agora ten que facer política sen o respaldo da Consellaría de Medio Ambiente, algo que é bastante máis difícil".

Con respecto ao conxunto do PSdeG, Baltar asegurou que xa "chegou ao cume das súas aspiracións" co goberno da Xunta e agora "vai cara abaixo". "Atoparán con aqueles concellos nos que non cumpriron as expectativas creadas", dixo, o que cualificou como "un camiño que non será de rosas". Do mesmo xeito, recordou que "os socialistas ían a comerse o mundo" nas eleccións e "non se comeron nada" porque na provincia de Ourense "o PP obtivo case o dobre de apoios que os socialistas". Neste sentido, o presidente popular ourensán entende que o PSdeG non respondeu á cidadanía galega, e por iso "volverán outra vez á oposición".


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: