Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INSPIRACIÓN SOLIDARIA

Gaza, zona pechada

A curtametraxe de animación, realizada por Yoni Goodman describe o bloqueo imposto por Israel á Faixa de Gaza dende hai ano e medio. Vídeo no interior.

Canal Solidario - 14:30 20/03/2009

Yoni Goodman, un dos creadores do filme de animación sobre a matanza no Líbano por parte do exército israelí, Vals con Bashir, gañadora do Globo de Ouro á mellor película de fala estranxeira no 2008 e nomeada ao Oscar nesa mesma categoría este ano, é o autor da curtametraxe de animación Zona pechada, que describe o bloqueo imposto por Israel á Faixa de Gaza dende hai ano e medio.

O traballo, realizado para a ONG israelí Gisha, ten como protagonista a un neno que se decata do seu encerro mentres corre detrás dun paxaro. Non pode saír da franxa cara a Cisxordania. Tampouco pode moverse nun pequeno barco. Intenta cruzar o paso de Rafah con Exipto, pero as autoridades exipcias e israelís impídenllo. Caen bombas, pero non ten onde refuxiarse, polo que só pode correr sen rumbo.

Con iso, o autor quere amosar a situación dun millón e medio de persoas que ven os seus movementos limitados.


5/5 (3 votos)