Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁBRESE A TEMPADA

Máis de 80 mil pescadores proban sorte dende nos ríos do país

Establécese un tamaño mínimo para as troitas de 19 centímetros. Este ano incorpóranse máis tramos para a pesca sen morte.

Redacción - 11:45 15/03/2009

Co amencer deste domingo, comezou en Galiza a tempada de pesca fluvial. Máis de 80 mil persoas dispoñen de licenza para achegarse aos ríos de todo o país. A Consellaría de Medio Ambiente dispuxo que este ano o tamaño mínimo das troitas ten que ser de 19 centímetros (só se poderán pescar de 17 en coutos moi específicos). Cada aficcionado ten unha cuota máxima de dez troitas por xornada. Unha das novidades deste ano é que se amplían os tramos de río para a pesca sen morte, modalidade que cada vez ten máis adeptos.

As asociacións de pescadores reiteran un ano máis a necesidade de vixiar máis de perto a saúde ambiental dos cauces fluviais. Os aficcionados denuncian que o principal problema dos nosos ríos seguen a ser os vertidos incontrolados. Mais tamén chaman a atención sobre o furtivismo, aínda moi arraigado nalgunhas comarcas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: