Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
AUDIOVISUAL

O cine, dobrado ou subtitulado?

A redacción da Lei catalá do Cinema abre o eterno debate sobre se se debe continuar cun modelo implantado polos réximes fascistas e minoritario en Europa.

Redacción - 14:25 10/03/2009

A próxima aprobación da Lei do Cinema que está a preparar o goberno catalán recuperou a discusión sobre se os filmes estranxeiros de deben dobrar ou subtitular. En Vilaweb lémbrannos que o Estado Español é un dos poucos de Europa -e do mundo- onde prevalece a dobraxe sobre a versión orixinal por unha decisión tomada no franquismo a imitación doutros réximes fascistas da época.

De feito, a web catalá publicou un vídeo onde se repasan as diferentes fórmulas que existen no continente para que o público entenda os filmes estranxeiros. Así, só Italia, Alemaña, Austria e os estados francés e español dobran os produtos audiovisuais, ademais das áreas de fala francesa e italiana de Suíza e a Valonia belga.

Segundo lembra Vilaweb, a dobraxe proliferou no Estado Español por unha lei de defensa do idioma promulgada polo goberno de Franco en 1941, inspirada nunha semellante de Mussolini. O propósito da lei era, ademais de impoñer un sistema lingüístico unificador, poder censurar a produción e a proxección.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: