Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avaliación dos resultados do 1-M

A Executiva do BNG reunirase esta semana para redactar o guión do Consello do sábado

O portavoz nacional, o coordinador executivo e os 13 secretarios de área elaborarán un documento con datos das eleccións e reflexións sobre estes.

Redacción - 18:05 07/03/2009

A Executiva do BNG redactará ao longo da semana un guión para a reunión do Consello Nacional, convocado para o vindeiro sábado 14 de marzo, no que se avaliarán os resultados electorais. A dirección reúnese habitualmente os luns. No entanto, o próximo encontro será cara a mediados ou finais de semana debido a "problemas de axenda" dalgúns membros, segundo fontes da Executiva.

No encontro previo ao Consello Nacional, o portavoz nacional, Anxo Quintana, o coordinador executivo, Francisco Jorquera, e os 13 secretarios de área redactarán un documento, que incluirá datos das eleccións e reflexións sobre estes. Esta guía trasladarase aos 101 membros do máximo órgano de decisión entre asembleas.

Ademais, segundo fontes da Executiva consultadas por Europa Press, ese día tamén se pechará unha proposta de calendario para o período aberto de "reflexión", iniciado logo do resultado electoral, que supuxo a perda dun escano no Parlamento en relación á lexislatura anterior.

A Executiva do BNG descarta unha dimisión inminente do seu voceiro nacional, Anxo Quintana, posto que crearía un "baleiro de poder" no seo do BNG e un "ensimesmamento" interno nun momento en que prefiren darlle prioridade a outros asuntos antes que ao debate interno.



2,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: