No caso dos nenos, a taxa ascende até o 24%.
O Estado Español é o segundo país da Unión Europea coa maior porcentaxe de poboación en risco de pobreza, unha estatística que chega até o 20%. Esta cifra só é superada por Letonia (21%) e sitúase ao mesmo nivel que Italia e Francia. Segundo este informe da Comisión realizado con datos de 2007 e que, coa actual crise económica, estímanse peores para o futuro, un de cada cinco cidadáns corre o risco de converterse en pobre.
Aínda máis, segundo Bruxelas, o caso dos nenos españois é máis dramático, xa que o risco ascende até o 24%, é dicir, un de cada catro, mentres que no caso dos anciáns a cifra é maior (28%), mentres que o colectivo máis feble é o das mulleres (30%).
Posíbeis solucións
O executivo comunitario recomenda ao Estado Español reducir o abandono escolar para rachar o ciclo de transmisión interxeracional da pobreza; intensificar os esforzos para promover a inclusión dos grupos de poboación máis vulnerábeis (anciáns, inmigrantes e mozos); reformar as pensións para facelas máis sostíbeis; mellorar a aplicación da lei de dependencia; reducir as diferenzas entre as comunidades autónomas; e reducir as listas de espera na sanidade pública.