"Visitará Reino Unido, Francia, Alemaña e República Checa entre o 31 de marzo e o 5 de abril", informou a Secretaría de Estado dos EUA.
Obama non visitará o Estado Español
O presidente dos Estados Unidos de América, Barack Obama, visitará varios países de Europa na súa primeira viaxe oficial transoceánica dende que tomou posesión do cargo, o pasado 20 de xaneiro, segundo anunciou esta quinta feira a súa secretaria de Estado, Hillary Clinton.
En concreto, Obama "visitará Reino Unido, Francia, Alemania e República Checa entre o 31 de marzo e o 5 de abril", afirmou Clinton durante unha conferencia de prensa en Bruxelas, sede do encontro entre representantes da UE e a OTAN.
O mandatario estadounidense asistirá á cimeira do G-20 en Londres sobre a crise económica e, ademais, acudirá a unha outra da Alianza Atlántica en Estrasburgo.
"O presidente Obama, esta comprometido, coma min, en reforzar a alianza transoceánica, para apoiar unha Europa forte como aliado para os EUA e incentivar os nosos compañeiros para afrontar os retos comúns do noso tempo", engadiu Clinton.