Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATÉ 22 SEMANAS EN CASOS EXCEPCIONAIS

O goberno español propón fixar en 14 semanas o prazo para o aborto voluntario

Tamén aposta por que as mulleres podan interromper voluntariamente o seu embarazo dende os 16 anos, sen precisar a autorización dos titores legais.

Redacción - 18:00 05/03/2009
Bibiana Aído, ministra de Igualdade

Bibiana Aído, ministra de Igualdade

A ministra de Igualdade, Bibaiana Aído, compareceu este xoves para anunciar o informe emitido por un grupo de doutores e xuristas sobre a suspensión voluntaria do embarazo, informe que chegará mañá ao consello de ministros. O comité de expertos, impulsado polo propio ministerio, recomenda fixar en 14 semanas o prazo para interromper libremente o embarazo nos casos nos que a xestación se desenvolva con normalidade.

Propoñen ampliar a marxe até as 22 semanas para os casos de graves anomalías no feto, así como os supostos que impliquen un risco para a vida ou saúde da nai. Ademais, no texto proponse que a partir dos 16 anos as mulleres podan abortar sen autorización dos seus pais ou titores legais. Bibiana Aído xustificou esta afirmación lembrando que, a esa idade, unha muller "pode casar, manter relacións sexuais, ter fillos e responsabilidade penal".

O informe tamén aposta por unha futura lei que regule a interrupción voluntaria do embarazo, no canto do Código Penal. Sobre isto, a ministra de Igualdade dixo que o obxectivo é que ningunha muller que decida abortar "poda ser penada co cárcere". Ademais, a ministra de Igualdade falou de que a nova regulación da interrupción voluntaria do embarazo debe ir acompañada dunha estratexia xeral sobre saúde sexual e reprodutiva.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: